luns, 14 de abril de 2014

Monicreques "Griselo"

O venres 11 puidemos ir a ver unha obra de monicreques que prepararon o alumnado de 1ºB. Convidáronnos e nós encantados de asistir!

Achegáronnos unha invitación e nós respostámoslles, que si por suposto!
 


O cartel da obra

A mestra Fátima (titora de 1ºB) fíxonos a presentación sobre a obra. Está baseada nun conto da biblioteca, pero eles fixeron algún que outro cambio para facela propia.

 E todos nós estabamos ben atentos!

E daba comezo a obra. O compañeiros de 1ºB que están sentados fronte a nós eran os narradores, uns excelentes narradores!
 A Griselo pásanlle unha serie de "aventuras"....Se queredes sabelo... o libro está na biblio, non o perdades!



 E chegou ao final, nós aplaudimos moito porque nos encantou! e ademáis fixérono fenomenal!

Se vos interesa saber cal foi todo o proceso de elaboración desta magnífica obra aconsellámosvos que entredes no blogue de aula dos nosos compañeiros, eles son as arañas do CEIP A Lomba!

1 comentario:

  1. Ola Pichóns, moitas grazas por este post e por vir a ver a nosa obriña de monicreques, sodes un público estupendo :-)

    ResponderEliminar